O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA é a aposta polo deseño como ferramenta de transformación económica e social en Galicia.

Combina os obxectivos de innovación para a competitividade empresarial coa innovación responsable e social para contribuír á sostibilidade e ao benestar das persoas.

As súas prioridades son:

  • Competitividade empresarial.
  • Economía circular e sostibilidade.
  • Transformación dixital.
  • Transformación e benestar social.

Para abordalas, o programa contempla seis accións estratéxicas:

  • Construción sólida dun ecosistema galego de deseño no que se impulse a colaboración entre os diferentes axentes para buscar sinerxías que contribúan á transformación económica e social de Galicia a través da innovación e da sostibilidade.
  • Apoio económico, soporte experto, formación e difusión de casos de éxito para o desenvolvemento de novos produtos, servizos e modelos de negocio que se constitúan como referentes de deseño para a innovación e a sostibilidade.
  • Apoio á formación en deseño para impulsar as metodoloxías de pensamento creativo aplicado á resolución de retos e para fomentar o contacto do alumnado coas necesidades do tecido empresarial, o emprendemento e o emprego.
  • Organización e participación en experiencias de innovación social como ferramenta para o desenvolvemento sustentable mediante a reflexión compartida que facilitan a cocreación e o design thinking.
  • Impulso e soporte á incorporación do deseño na Administración pública para crear servizos innovadores, centrados nas necesidades das persoas e adaptados á transformación dixital.
  • Accións de mellora do posicionamento do deseño galego no contorno estatal e europeo e iniciativas de recoñecemento ás empresas e profesionais que apostan polo deseño, a innovación e a sostibilidade.

DIFERENZA dálle continuidade ao Programa de Deseño para a Innovación Empresarial 2020, promovido pola Xunta desde 2018 para incorporar o deseño ao mundo empresarial e poñer en valor a figura dos profesionais impulsando a posta en marcha do mapa de provedores de servizos de deseño, da Materioteca de Galicia e dos Premios Galicia de Innovación e Deseño, a participación en proxectos europeos e o desenvolvemento dos primeiros encontros e publicacións sobre o tema, entre outras actuacións.

Contacto

Área de Centros da Axencia Galega de Innovación
programadeseno.gain@xunta.gal
+34 981337179

 @InnovaDeseno
 @innova_con_deseno_galego