- Este evento pasou.
 
I Encontro Universidade-Empresa. Innovación e emprendemento: infraestruturas, portos e enerxías renovables mariñas
28/06/2021 8:00h. - 30/06/2021 17:00h.

GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio SHERPA DO MAR organiza un ciclo de encontros Universidade-Empresa para promover a transferencia de coñecimento e o networking entre a comunidade investigadora e o mundo empresarial do ámbito mariño-marítimo.
O primeiro evento tenrá lugar virtualmente os días 28, 29 e 30 de xuño de 2021. Incluirá reunións B2B (reunións de 20 minutos) os días 28, 29 e 30 de xuño e unha xornada divulgativa o día 29 con poñentes de primeiro nivel.
O tema da xornada divulgativa é a innovación e o emprendimento no campo das infraestruturas, os portos e as enerxías renovables mariñas.
Principais temas tratados:
Infraestruturas Portuarias, Xestión e Transporte Marítimo
- Gobernanza que implica actividades portuarias e marítimas
 - Transporte marítimo, plataformas loxísticas e intermodalidade
 - Dixitalización de portos
 - Proxectos e deseño de obras marítimas. Loxística e seguridade
 
Enerxía
- Eficiencia enerxética
 - Aforro enerxético, Regulación, Política enerxética
 - Biomasa mariña / biocombustible
 - Petróleo e gas offshore
 - Enerxía eólica mariña
 - Cadea de subministro
 - Enerxía das mareas
 - Enerxía de ondas
 
Axenda:
Rexistro: 
Inscrición á xornada divulgativa (29 de xuño)
Inscrición aos encontros B2B (28, 29 e 30 de xuño)
Rexistro aberto ata o 27 de xuño.