Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Workshop online Materiais para a captación de enerxía

18/06/2021 10:30h. - 12:30h.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (Gain),  organiza un evento online centrado nos materiais para a captación de enerxía. Durante este workshop explorarase o potencial destes materiais para captar enerxía de xeito limpo e eficiente, contribuíndo así á achega de fontes sustentables e diversas para atender unha demanda enerxética en continuo aumento.

O encontro comezará coa presentación dun informe de vixilancia tecnolóxica sobre o estado actual da I+D+i realizada neste campo polas empresas e os centros tecnolóxicos e de investigación galegos.

A continuación, representantes dos centros AIMEN, CTAG e CiQUS e da empresa CUPA PIZARRAS presentarán os seus proxectos innovadores sobre materiais captadores de enerxía e a súa aplicación en industrias como a automoción, a aeronáutica e a construción.

Na última parte do workshop expoñerase unha selección internacional de materiais a cargo Materially.

Detalles

Data:
18/06/2021
Hora:
10:30h. - 12:30h.
Categoría do Evento:

Ubicación

Ciclo Online

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Próximos eventos

Eventos anteriores