Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

IV Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

29/06/2021 9:30h. - 12:00h.

A Axencia Galega de innovación (Gain) organiza o vindeiro 29 de xuño a cuarta edición do seu Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que volve ao CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) en formato mixto presencial-virtual para conmemorar o Día Mundial do Deseño Industrial.

A cita está aberta a profesionais do deseño de todas as disciplinas (industrial, gráfico, de produto, organizacional, dixital e multimedia), estudantes desta especialidade e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e competitividade nas súas organizacións. A inscrición para a asistencia presencial estará aberta ata completar o aforo permitido con base nas restriccións sanitarias e o evento poderá seguirse tamén en streaming.

Nesta edición ponse o foco no papel do deseño e dos procesos creativos na innovación sobre catro áreas estratéxicas: o reto climático, a transformación dixital, a competitividade empresarial e o benestar social. Isto conecta directamente coas prioridades do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024, que será presentado durante o evento, xunto coas axudas do novo programa Deseña Peme e a próxima edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Os asistentes terán ocasión de coñecer a visión de varios grupos de expertos sobre deseño para a sustentabilidade, a transición cara a economía creativa, a iniciativa New European Bauhaus e o posicionamento de Galicia como referencia sustentable, transformadora e diferencial. Isto completarase coa presentación de varios proxectos de innovación aberta participados ou liderados por empresas galegas nos que o deseño é o elemento clave para a lograr produtos ecoeficientes e ligados á innovación responsable.

Detalles

Data:
29/06/2021
Hora:
9:30h. - 12:00h.
Categoría do Evento:

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores