Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Nanotecnoloxía do laboratorio ao mercado: aplicación e oportunidades de financiamento. Proxecto NANOEATERS

26/05/2021 10:00h. - 12:00h.

O próximo 26 de maio celebraráse un evento de aceleración on-line no marco do proxecto NANOeaters que coordina  GAIN. No evento analizaránse distintas ferramentas que poden axudar aos emprendedores a dar o salto do laboratorio ao mercado.

O evento contará con tradución simultánea de EN/PT/ES.

O proxecto NANOeaters, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, está liderado pola Xunta de Galicia e conta coa participación do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (INL), as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, os centros tecnolóxicos Gradiant, CTAG e AIMEN; e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

NANOeaters nace co obxectivo de apoiar ás empresas da Eurorrexión na aplicación de solucións nanotecnóloxicas  que ofrezan respostas efectivas ás debilidades detectadas na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

 Programa e rexistro:

https://inl.zoom.us/webinar/register/WN_CyH6in8zTYmSMe41lZPqVg

Detalles

Data:
26/05/2021
Hora:
10:00h. - 12:00h.
Categoría do Evento:

Próximos eventos

Eventos anteriores