Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Talleres D’tec: En caída. Tecnolab e Cosendo o futuro

7 de Maio 9:00h. - 13:30h.

Continúan os Talleres DTEC de fomento de vocacións científico tecnolóxicas.

Máis de 50 alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES AS MARIÑAS de Betanzos participarán en novas edicións dos talleres En caída. Tecnolab e Cosendo o Futuro

Taller D’tec En caída. Tecnolab: A actividade consiste nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes terán unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso.

Taller D’tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Durante o taller recibirase unha formación básica en programación e posteriormente pasarase á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…).

Detalles

Data:
7 de Maio
Hora:
9:00h. - 13:30h.
Categoría do Evento:

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

CIS Tecnoloxía e Deseño
A Coruña 15590 España + Google Map

Próximos eventos

Eventos anteriores