Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada “Desenvolvemento de simuladores virtuais para adestramento profesional”

29/11/2022 9:30h. - 11:00h.

A dixitalización do sector produtivo permitiu que os simuladores virtuais de equipos e maquinaría veñan sendo utilizados desde hai algúns anos polas empresas máis avanzadas.

A súa utilidade varía duns casos a outros, sendo moi relevantes nas áreas de deseño e comercial, e en labores formativas de operarios, entre outras.

Dentro destes campos mencionados é na formación onde demostraron unha valía incuestionable en practicamente calquera empresa.

O CIS Tecnoloxía e Deseño, dependente da Axencia Galega de Innovación, traballa, entre outras materias, coas tecnoloxías de realidade virtual (RV) e realidade aumentada (RA) así como na integración hardware/software. Os seus clientes son principalmente a propia administración rexional, asociacións sen ánimo de lucro e outras entidades de interese social, e entre os seus obxectivos principais está a difusión e a formación en tecnoloxías innovadoras.

No ámbito formativo desenvolveu diversos simuladores de realidade virtual que están instalados, ou se atopan en proceso de instalación, en numerosos centros de Formación Profesional de Galicia.

Nesta xornada queremos mostrar os pasos da xeración dos devanditos simuladores. Falaremos das vantaxes do seu uso, non só nos centros educativos senón tamén na empresa, veremos que traballo supoñen e canto tempo comporta a súa creación.

Esperamos que estes datos axuden aos xerentes de empresa e responsables de compras a poder avaliar a idoneidade das propostas que reciban, aos autónomos e desempregados a descubrir un posible nicho de mercado, e aos técnicos de RV, RA e videoxogos a descubrir algunhas peculiaridades que presentan estes desenvolvementos feitos polo CIS Tecnoloxía e Deseño.

Programa

Inscrición

Detalles

Data:
29/11/2022
Hora:
9:30h. - 11:00h.

Próximos eventos

Eventos anteriores