- Este evento pasou.
Xornada Online: Como pode contribuír a propiedade industrial a unha mellor comercialización do teu produto
31/10/2023 9:20h. - 11:30h.
De baldeO CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio. Este obradoiro aborda como a propiedade industrial pode ser un factor clave para o desenvolvemento das organizacións, ao permitirlles protexer a súa actividade innovadora, materializada en novos produtos, procedementos ou deseños, mediante a explotación e uso en exclusiva dos seus produtos e servizos.
O fin último da propiedade industrial non é a protección en si mesma, senón rendibilizar o investimento e obter beneficios.Neste taller analízase como a propiedade industrial contribúe a mellorar a comercialización dun produto, por exemplo en termos de identificación da competencia, selección de mercados emerxentes e detección de novas oportunidades comerciais.
A xornada será impartida polo docente SERGIO LARREINA, director de consultoría estratéxica en ISERN Patentes e Marcas. Anteriormente, foi director de consultoría tecnolóxica en PONS Patentes e Marcas e director corporativo de intelixencia tecnolóxica en Clarke, Modet & Co. Ademais, é docente habitual en materia de Intelixencia Competitiva e Propiedade Industrial en relevantes universidades e escolas de negocio.
Programa
9:20 – 9:30h Presentación a cargo de María José Mariño Fontenla, Directora de Área de Centros de GAIN
9:30 – 11:20h Xornada
- Valorización da propiedade industrial
- Implantación de fórmulas de protección complementarias: contratos e vixilancia da competencia
- Análise de oportunidade e risco
- Como complementar a propiedade industrial do proxecto: análise da propiedade industrial propietaria e análise de adquisición
- Aproximación ao valor da propiedade industrial: métodos para calcular o valor dun intanxible
- Determinación do potencial comercial dunha tecnoloxía: identificación de competencia e colaboracións, identificación de mercados (obsoletos e emerxentes), localización de redes de inventores e outros aspectos de interese
11:20 – 11:30h Rogos e preguntas
Prazas limitadas