- Este evento pasou.
Xornada sobre Fabricación Aditiva: procesos e aplicacións
16/11/2021 9:30h. - 11:30h.
A técnica de fabricación aditiva consiste en xerar pezas por agregación de material só nas zonas onde sexa necesario, ata completar a peza desexada.
Ultimamente popularizouse o proceso de fabricación aditiva por medio de impresión 3D en plásticos, en empresas e mesmo en usuarios domésticos. Este proceso, do que CIS foi pioneiro en España desde 1997 coa prestación de servizos de impresión en polímeros e metal, xeneralizouse grazas á enorme baixada de custos de máquinas, compoñentes e consumibles, e á libre circulación de información que se produciu coa extensión da internet.
Recentemente houbo avances noutros procesos que son de gran utilidade, aínda sendo talvez máis custosos e complexos, pois permiten producir pezas de alto valor engadido en forma de prototipos e pezas singulares ou únicas. Entre estas tecnoloxías podemos atopar a deposición directa de enerxía ( DED).
En canto aos materiais, podemos atopar unha gran variedade de polímeros, resinas de curación por luz e metais como aluminio, aceiro, titanio, aliaxes especiais como o inconel ou materiais compostos como polímeros con fibra de carbono, partículas metálicas, cerámicas ou madeira.
Nesta xornada veremos as posibilidades de uso das tecnoloxías mencionadas, as utilidades das pezas fabricadas por estes métodos e as problemáticas que se poden dar en cada caso, todo iso mostrando casos de éxito das empresas que nos acompañarán.
Contaremos como relatores coas entidades Filament2Print, Customimplants e WindForce-Massivit, no apartado de impresión 3D, e con AIMEN e UDC, expertos en procesos DED.