A Axencia Galega de Innovación, a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, promove accións para o fomento de vocacións científico-tecnolóxicas na xuventude no marco do programa D’tec, lanzado en setembro de 2019.

Que é o programa D’tec?

O CIS Tecnoloxía e Deseño contempla entre os seus obxectivos fomentar o interese e a vocación da xuventude pola ciencia e a tecnoloxía nos seus ámbitos de coñecemento (Deseño, Tecnoloxías de Realidade Virtual, Realidade Aumentada e 3D, Industria 4.0, etc) e por iso promove o programa D´tec.

O programa D’tec dirísexe principalmente a estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. No marco desta iniciativa organízanse diferentes accións para poñer en valor a importancia da innovación, a ciencia e a tecnoloxía como unha das claves para o desenvolvemento de Galicia.

Entre as actividades previstas contémplanse espectáculos, talleres, campamentos e proxectos para as aulas.

Todas as actividades son gratuítas.


PRÓXIMAS ACTIVIDADES D’tec 2024

Espectáculo D’tec Innovando a ombros de xigantes (Curso 2023-2024)

DATAS: 20 de marzo| 12 de abril | 18 de xuño | 19 de xuño de 2024.
HORARIO: 10:30 – 13:00h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

O alumnado participará nun reto grupal e asistirá como público a un espectáculo que propón un percorrido pola innovación desde os seus inicios ata a actualidade, poñendo en valor a súa importancia ao longo da historia para o avance da sociedade. Durante a actividade, rememoraranse momentos clave da evolución científico-tecnolóxica, recreando experimentalmente as achegas e analizando a súa importancia.

Máis información
 


Espectáculo D’tec Día da muller e a nena na Ciencia 2024

DATA: 23 de febreiro de 2024.
HORARIO: 11:00 – 12:30h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Terceiro ciclo Primaria | Secundaria | Bacharelato | Formación Profesional.

Dada a excelente acollida e para atender a demanda de máis centros educativos, a Axencia Galega de Innovación organiza unha segunda xornada do espectáculo D’tec Día da muller e a nena na Ciencia.

O contido da actividade céntrase na reivindicación da importancia das mulleres científicas e as súas achegas ao longo da historia. Durante a charla presentaranse perfís biográficos de grandes científicas e realizaranse experimentos rechamantes que permitan ilustrar os seus campos de traballo.

Máis información
 


Espectáculo D’tec Día da muller e a nena na Ciencia 2024

DATA: 6 de febreiro de 2024.
HORARIO: 11:00 – 12:30h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Terceiro ciclo Primaria | Secundaria | Bacharelato | Formación Profesional.

A Axencia Galega de Innovación súmase á celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia organizando o próximo 6 de febreiro un espectáculo científico no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

O contido da actividade céntrase na reivindicación da importancia das mulleres científicas e as súas achegas ao longo da historia. Durante a charla presentaranse perfís biográficos de grandes científicas e realizaranse experimentos rechamantes que permitan ilustrar os seus campos de traballo.

Máis información
 


Novos talleres D’tec Educación Secundaria – Bacharelato – Formación Profesional (Curso 2023-2024)

DATAS: 30 de xaneiro | 5 de marzo | 8 de abril | 9 de abril | 6 de maio | 7 de maio de 2024.
HORARIO: 10:00 – 13:30h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

Taller D’tec En caída. Tecnolab: A actividade consiste nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes terán unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso.

Taller D’tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Durante o taller recibirase unha formación básica en programación e posteriormente pasarase á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…).

Máis información
 


Novos talleres D’tec Educación Primaria (Curso 2023-2024)

DATAS: 5 de febreiro | 4 de marzo | 17 de xuño de 2024.
HORARIO: 10:00 – 13:30h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: 5º-6º Educación Primaria.

Taller D’tec Tecnolab: No taller o alumnado descubrirá as posibilidades da programación de forma lúdica e divertida mentres construímos distintos sistemas partindo das placas programables Microbit, vendo as implicacións prácticas da programación de placas electrónicas e a súa importancia na nosa vida cotiá. Entre outras actividades recolleremos datos con sensores, controlaremos luces e transmitiremos sinais inalámbricos. Para finalizar a actividade, enfrontarémonos a un reto: Construír un sistema de alarma que resista a intrusión dos docentes.

Taller D’tec A química e a cosmética: Este taller é unha introdución práctica ao campo da química e o desenvolvemento de materiais e compostos. Na primeira parte da actividade o contido céntrase en ofrecer aos participantes unha aproximación comprensible á estrutura da materia e a química a través de diferentes experiencias sorprendentes. Na segunda parte, penetrarase nas súas aplicacións, creando bombas de baño e outros cosméticos utilizando diferentes fórmulas.

Máis información
 


 
 

ACTIVIDADES D’tec 2023

En 2023 organizáronse as seguintes actividades no marco do noso programa D’tec:


Campamento D’tec Nadal 2023

DATAS: 26 – 29 de decembro de 2023.
HORARIO: 10:00 – 14:00h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria.

Este Nadal organízase un novo campamento científico-tecnolóxico co obxectivo de impulsar o interese pola ciencia e tecnoloxía entre os mozos e mozas.

Durante catro mañás, os participantes realizarán diversas actividades ligadas aos campos da ciencia, a tecnoloxía, a innovación e o deseño. Todas as propostas terán un carácter eminentemente práctico, e contarán coa supervisión de formadores expertos en contidos CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñeira e Matemáticas).

Máis información
 


Xornadas de cine e show científico D’tec no Nadal 2023

DATAS: 22 de decembro | 29 de decembro de 2023.
HORARIO: 11:30 – 14:00h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.

A Axencia Galega de Innovación, a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, organiza dúas novas xornadas de Cine e show científico no marco do programa D’tec.

As películas seleccionadas son “Starwars. Episodio IV. Unha nova esperanza”, que se proxectará o 22 de decembro e “Robots”, que se proxectará o 29 de decembro.

Estas propostas para público familiar permiten achegarnos á ciencia, á tecnoloxía e á innovación dun modo atractivo e divertido, na que complementamos o visionado dunha película cun espectáculo científico ligado aos contidos da mesma.

As actividades están abertas a todos os públicos a partir de 7 anos.

Máis información

 


Espectáculo D’tec Innovando a ombros de xigantes (Curso 2023-2024)

DATAS: 27 de outubro | 24 de novembro | 20 de decembro de 2023.
HORARIO: 10:30 – 13:00h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

O alumnado participará nun reto grupal e asistirá como público a un espectáculo que propón un percorrido pola innovación desde os seus inicios ata a actualidade, poñendo en valor a súa importancia ao longo da historia para o avance da sociedade. Durante a actividade, rememoraranse momentos clave da evolución científico-tecnolóxica, recreando experimentalmente as achegas e analizando a súa importancia.

Máis información
 


Novos talleres D’tec Educación Secundaria – Bacharelato – Formación Profesional (Curso 2023-2024)

DATAS: 18 de outubro | 20 de outubro| 21 de novembro | 22 de novembro de 2023 | 18 de decembro de 2023 | 19 de decembro de 2023.
HORARIO: 10:00 – 13:30h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

Taller D’tec En caída. Tecnolab: A actividade consiste nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes terán unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso.

Taller D’tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Durante o taller recibirase unha formación básica en programación e posteriormente pasarase á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…).

Máis información
 


Novos talleres D’tec Educación Primaria (Curso 2023-2024)

DATAS: 16 de outubro | 17 de outubro | 15 de novembro | 17 de novembro de 2023.
HORARIO: 10:00 – 13:30h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: 5º-6º Educación Primaria.

Taller D’tec Tecnolab: No taller o alumnado descubrirá as posibilidades da programación de forma lúdica e divertida mentres construímos distintos sistemas partindo das placas programables Microbit, vendo as implicacións prácticas da programación de placas electrónicas e a súa importancia na nosa vida cotiá. Entre outras actividades recolleremos datos con sensores, controlaremos luces e transmitiremos sinais inalámbricos. Para finalizar a actividade, enfrontarémonos a un reto: Construír un sistema de alarma que resista a intrusión dos docentes.

Taller D’tec A química e a cosmética: Este taller é unha introdución práctica ao campo da química e o desenvolvemento de materiais e compostos. Na primeira parte da actividade o contido céntrase en ofrecer aos participantes unha aproximación comprensible á estrutura da materia e a química a través de diferentes experiencias sorprendentes. Na segunda parte, penetrarase nas súas aplicacións, creando bombas de baño e outros cosméticos utilizando diferentes fórmulas.

Máis información
 


 

Xornadas de cine e show científico D’tec no verán 2023

DATAS: 7 de xullo | 14 de xullo de 2023.
HORARIO: 11:30 – 14:00h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.

A Axencia Galega de Innovación, a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, lanza unha nova actividade dentro do programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas. Os dous primeiros venres do mes de xullo, levaranse a cabo unhas xornadas de cine e show científico. Ambas incluirán o visionado dunha película e un espectáculo científico ligado á temática da mesma.

A actividade está aberta a todos os públicos, cunha selección de películas apta para practicamente todas as idades. Proxectaranse “Ron da Error” (7 de xullo) e “Regreso al Futuro II” (14 de xullo).

Estas xornadas son unha excelente oportunidade para aproximarse á ciencia e á tecnoloxía dun modo distinto, combinando a parte lúdica do cine coa espectacularidade do show científico.

Máis información


Campamento D’tec verán 2023

DATAS: 17 – 21 de xullo de 2023.
HORARIO: 10:00 – 14:00h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria.

Este verán vaise organizar un novo campamento científico-tecnolóxico para estudantes de ensinanza secundaria obrigatoria ao redor dos eidos do deseño e a tecnoloxía.

Durante cinco días, os participantes terán a oportunidade de mergullarse en actividades prácticas e atractivas relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía. Manexo de drons, creación de materiais innovadores ou resolución de retos son só un pequeno exemplo do amplo abano de contidos que se abordarán durante o campamento.

Máis información


Espectáculo D’tec Explorando o futuro… inmediato (Curso 2022-2023)

DATAS: 28 de abril | 16 de xuño | 19 de xuño de 2023.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

O alumnado participará nun reto grupal e asistirá como público a un espectáculo centrado nas tecnoloxías disruptivas e a innovación.

O espectáculo científico consistirá nun percorrido por materiais e tecnoloxías disruptivas que cambiarán – ou están a cambiar xa – a nosa forma de vida, reflexionando en paralelo sobre os factores que levan ao éxito ou abocan ao fracaso a un proxecto.

A duración total é de dúas horas e media (de 10.30 h a 13.00 h) e cada xornada ten un aforo máximo de 120 estudantes.

Máis información


Campamento D’tec Semana Santa 2023

DATAS: 3 – 5 de abril de 2023.
HORARIO: 10:00 – 14:00h.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria.

Esta Semana Santa vaise celebrar un campamento científico centrado nas áreas de coñecemento do CIS Tecnoloxía e Deseño, relativas á innovación, a tecnoloxía, os novos materiais e o deseño.

Durante as tres xornadas, os participantes realizarán un conxunto de actividades prácticas, que irán desde deseñar e producir produtos mediante impresión 3D ata familiarizarse con contornas de creación de contidos de Realidade Aumentada e Virtual ou iniciarse na programación de placas programables.

Máis información


Talleres D’tec Educación Secundaria – Bacharelato – Formación Profesional (Curso 2022-2023)

DATAS: 24 de abril | 25 de abril | 6 de xuño | 8 de xuño de 2023.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.

Taller D’tec Market lab. Deseño de produto: Como consumidores, en moitas ocasións non percibimos a complexidade que implica o lanzamento dun produto ao mercado. Para aproximarnos de forma práctica, cada grupo participante será o departamento de innovación e deseño de produto dunha empresa de cosmética. Crearemos distintos produtos (crema de mans e bombas de baño), e desenvolveremos a nosa imaxe de marca, o packaging e determinaremos o prezo de comercialización.

Taller D’tec Instagram AR: A Realidade Aumentada (AR) é unha ferramenta con múltiples aplicacións, que van desde o lecer e os videoxogos ao ámbito industrial. O taller ofrecerá aos participantes unha aproximación práctica ao seu uso, a través da aplicación Spark AR, que permite o desenvolvemento de contidos aumentados para a rede social Instagram.

Máis información


Talleres D’tec Educación Primaria (Curso 2022-2023)

DATAS: 21 de marzo | 23 de marzo | 9 de maio | 23 de maio de 2023.
LUGAR: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: 5º-6º Educación Primaria.

Taller D’tec Slime Lab: Partindo da curiosidade e interese que esperta en nenos e nenas o slime, investigaranse as propiedades dos fluídos non newtonianos e buscaranse as mellores fórmulas para obter un resultado “profesional”.

Taller D’tec Exploradores virtuais: Utilizando distintas ferramentas, os alumnos e alumnas coñecerán de primeira man o potencial das tecnoloxías de Realidade Aumentada e Realidade Virtual.

Máis información