O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que o vindeiro venres 2 de xullo a Xunta convocará a nova liña de axudas DeseñaPeme, para que pemes e microempresasgalegas incorporen o deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade. Segundo apuntou, a previsión é poder apoiar 50 proxectos.

Conde, que hoxe interveu no IV Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, explicou que se trata dunha liña de apoios específica enmarcada no novo Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024-Diferenza Un programa que busca consolidar a cultura da innovación e o deseño no tecido empresarial de Galicia para dar resposta aos retos actuais, en liña co que marca Europa. O obxectivo, engadiu, é crear un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico de Galicia.

A iniciativa dá continuidade ao traballo que se vén desenvolvendo desde 2018 para incorporar o deseño ao mundo empresarial e poñer en valor a figura do deseñador impulsando a posta en marcha do mapa de provedores de servizos de deseño; unha plataforma en liña con imaxes sobre a historia do deseño na Comunidade; proxectos pilotos sectoriais, así como encontros e publicacións sobre o tema, entre outras medidas.