Data: 1 e 2 de xuño
Duración: 6 horas (2 días – 3 horas/día)
Horario: 10h – 13h
Modalidade: En liña
Nº prazas: 15
Prazo de inscrición: ata o 26 de maio
Custo: Gratuíto
Requisitos Previos: necesario estar familiarizado con Unity. Imprescindible contar cunha cámara web para probar a realidade aumentada sen necesidade de xerar a aplicación Android de cada vez.

A Realidade Aumentada está a gañar posicións dentro da industria como unha ferramenta fundamental para levar a cabo labores de formación e mantemento de equipos. Existen diferentes posibilidades de implantación, pero Vuforia posiciónase como o referente dentro das librerías de realidade aumentada e neste obradoiro aprenderemos a utilizala e a crear con ela nosas propias aplicacións.

Comenzaremos este obradoiro explicando polo miúdo como darse de alta na páxina de Vuforia, paso necesario para utilizar todos os seus servicios.

Explicaremos a xeración de licencias de Vuforia e a súa configuración dentro de Unity.

A continuación instalaremos a librería dentro da nosa aplicación e veremos os diferentes tipos de detección que Vuforia nos ofrece e cómo os poderemos utilizar. Crearemos marcadores con imaxes e veremos a súa eficacia na detección mediante a cámara do dispositivo.

Por último xeraremos a nosa aplicación para un dispositivo Android.

Contido:

  • Instalación e configuración de Unity (vídeo en liña dispoñible aquí). Imprescindible ter Unity instalado coas librerías de Android no momento de comezar o obradoiro.
  • Que é Vuforia?
  • Rexistro e creación de licencias.
  • Tipos de marcadores.
  • Instalación e configuración de Vuforia en Unity.
  • Composición dunha escea de realidade aumentada. Elementos 3D e 2D.
  • Exportación.

Enlaces de interese: Descarga Unity

Máis información e inscricións:

Teléfono: 981 337 133
E-Mail: infocistd.gain@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

INSCRICIÓN PECHADA

Os datos deste formulario recóllense coa finalidade de levar a cabo a xestión deste acto e poderán ser compartidos co resto de organizadores.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer dirixíndose á Axencia Galega de Innovación, Rúa Airas Nunes s/n, 15702, Santiago de Compostela, ou ben enviando un correo electrónico a info@cistecnoloxiaedeseno.gal.

Premendo o botón “Inscribirse” quedará inscrito na xornada. Se con posterioridade non poidera asistir pregámoslle nolo comunique ó 981 337 133 ou envíe un e-mail a infocistd.gain@xunta.gal

Voltar á páxina principal