Todas as prazas cubertas.

DATAS: 25 outubo| 22 novembro | 15 decembro.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol

Para cada xornada de obradoiros ofértanse dúas actividades, de xeito que os centros escolares participen, se así o desexan, nas dúas propostas.

OBRADOIRO 1 “OS MUNDOS VIRTUAIS”

Duración: 90 minutos.
Horarios: 10:00 – 11:30 | 12:00 – 13:30 horas.
Dirixido a: Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Límite de prazas: 30 estudantes.

Descrición da actividade

O obradoiro ten a finalidade de achegar a mocidade tanto a actividade que desenvolve o CIS Tecnoloxía e Deseño como aproximalos á creación de contidos en AR e VR. Coa finalidade de acadar estes obxectivos desenvolveranse as seguintes actividades.
Contidos

  • Que son a AR e a VR?
  • Algúns exemplos prácticos. Probaremos algúns exemplos que nos permitan ver os diferentes ámbitos de aplicación destas tecnoloxías
    • Vuforia
    • AR Core
    • Probando as Oculus Go.
  • Aplicacións da AR e a VR. No CIS Tecnoloxía e Deseño desenvólvense aplicacións empregando estas tecnoloxías. Imos probar algunhas delas.
  • Imaxe e vídeo 360. Utilizando dispositivos móbiles, imos crear os nosos primeiros contidos de Realidade Aumentada.
    • Creación de contidos utilizando Google Street View.
    • Observación en AR.
  • Iniciación a creación de contidos de AR e VR. Empregando a ferramenta Metaverse, imos descubrir como desenvolver aplicacións sinxelas de Realidade Aumentada.
    • Cospaces. Esta plataforma é ideal para iniciarse na creación de mundos de AR. Desenvolveremos varios proxectos básicos namentres aprendemos a empregala.
      • Fundamentos básicos.
      • Deseño dun mundo.
      • Construción dun Merge Cube e deseño dun exemplo.
  • Creación dun proxecto propio. Por último, aplicaremos todo o aprendido en crear un proxecto propio de AR ou VR que teña utilidade didáctica.

OBRADOIRO 2 “DESCUBRINDO OS NOVOS MATERIAIS”

Duración: 90 minutos.
Horarios: 10:00 – 11:30 | 12:00 – 13:30 horas.
Dirixido a: Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Límite de prazas: 30 estudantes.

Descrición da actividade

A través dun conxunto de actividades, mergullarémonos no mundo dos novos materiais, descubrindo un campo de coñecemento de investigación que ten unha grande importancia pero é un descoñecido para gran parte da poboación.
Contidos

  • Os materiais. Qué entendemos por material e como os clasificamos en función das súas características e propiedades.
  • Como se estuda un material. De xeito experimental, levaremos a cabo diferentes experiencias que nos permitan achegarnos ao estudo de materiais.
    • Análise das súas propiedades.
    • Algúns exemplos prácticos.
      • Condutividade eléctrica.
      • Condutividade térmica.
  • Materiais “innovadores”. A investigación sobre novos materiais é un dos campos de coñecemento máis apaixonantes e con máis futuro. Traballando con algúns deles, iremos descubrindo a súa importancia a utilidade.
    • Plásticos “modernos”. Experimentaremos con diferentes tipos de plásticos con propiedades pouco habituais.
      • Metais con memoria (nitinol). Trátase dunha aliaxe con memoria, que ten aplicacións na industria e na medicina.
      • Polímeros hiperhidratables.
      • Scoby. Os biomateriais son un dos ámbitos máis innovadores. Descubriremos como podemos desenvolver coiros de orixe bacteriano.
  • Creando polímeros. Por último investigaremos no campo dos polímeros a través de dúas actividades finais.
    • Creación dunha pelota saltarina.
    • Construción dun agasallo con plástico termomoldeable.

Prazas cubertas.