O pasado 14 de xullo a empresa Portomotor de Ferrol visitou o  CIS Tecnoloxía e Deseño  para coñecer as posibilidades das tecnoloxías de Realidade Virtual e Aumentada de cara á súa futura colaboración na definición dun demostrador de RA dentro do proxecto europeo MAINGAP.

Este proxecto,  financiado por Interreg España-Portugal, no que participa a Axencia Galega de Innovación a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, e que está liderado polo CTAG, Centro Tecnológico de Automoción de Galicia,  ten por obxectivo a transferencia e valorización de tecnoloxías 4.0 a pymes innovadoras da Eurorrexión.

Durante a visita,  o personal de Portomotor tivo a oportunidade de probar desenvolvementos anteriores levados a cabo no CIS Tecnoloxía e Deseño como o demostrador de Realidade Aumentada con gafas Magic Leap realizado en colaboración coa empresa DETEGASA para o proxecto MANUFACTUR4.0; o demostrador de Realidade Aumentada con  gafas Hololens 1 realizado coxuntamente coa empresa portuguesa Laurel Shiprepairs tamén para o proxecto MANUFACTUR4.0;  o simulador de vernizado  realizado no marco do proxecto FUTUREFACING ou o simulador de pintura airless desenvolvido no marco do proxecto MATES.