DATAS: 18 de outubro | 20 de outubro | 21 de novembro | 22 de novembro | 18 de decembro | 19 de decembro de 2023.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol.
NIVEL EDUCATIVO: Educación Secundaria Obrigatoria | Bacharelato | Formación Profesional.
Para cada xornada organízanse dúas actividades de maneira que os centros escolares poidan participar en ámbalas propostas. Os estudiantes asistirán ás dúas alternando as sesións.
PRAZAS POR TALLER: Máximo 30 (en total 60 estudantes por xornada).
HORARIOS:
Primeiro taller de 10.00 h a 11.30 h.
Segundo taller de 12.00 h a 13.30 h.
Taller D’tec En caída. Tecnolab
A actividade consiste nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes terán unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso. O reto consistirá en conseguir que o noso piloto sobreviva e que o dispositivo recolla os datos da caída, que deberán manterse en valores compatibles coa supervivencia do piloto.
Contidos do taller
- Presentación do reto. Cada grupo de estudantes deberá preparar un sistema de aterraxe que inclúa un sistema de telemetría que rexistre varios parámetros. O reto terá dous obxectivos: Que o noso astronauta sobreviva ao descenso sen danos e que a velocidade se sitúe dentro dun rango de valores que se lles indicarán.
- Desenvolvemento de prototipos. Para iniciar a construción de prototipos, deberán presentar aos docentes un bosquexo – esbozo detallado da súa idea inicial de prototipo e superar unha análise crítica.
- Programación de telemetría mediante Microbit. O seguinte paso é desenvolver o sistema de recollida e transmisión de datos. Para iso, partirase de cero, para que o alumnado sen nocións previas poida alcanzar os obxectivos expostos.
- Que é Microbit? Iniciación ás placas programables.
- Creación de programas básicos con microbit.
- Hello World
- Creación de dado dixital.
- Sistema de comunicación entre placas mediante bluetooth
- Programación de sistema de telemetría para os prototipos.
- Supervivencia astronauta.
- Correcto funcionamento da telemetría.
- Peso do prototipo.
Taller D’tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles
Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Comprobámolo? Durante o taller recibiremos unha formación básica en programación e posteriormente pasaremos á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…).
- Introdución aos e-téxtiles. Antes de iniciar a parte creativa da actividade, presentarase ao alumnado o concepto de e-téxtil e as súas implicacións de futuro.
- Que é un e-téxtil?
- Materiais utilizados en e-téxtiles.
- Exemplos.
- Iniciación ás placas programables. Pártese da premisa de que o alumnado non ten coñecementos previos. Se os posúen, presentaremos funcións máis avanzadas.
- Que é unha placa programable?
- Exemplos de placas. Microbit e Calliope Mini.
- Iniciación ao uso de MakeCode.
- Programando Microbit con dispositivos móbiles.
- Montaxe de leds externos en Microbit utilizando fío condutivo.
- Creación dun e-téxtil. Por parellas, o alumnado creará e programará un e-téxtil. Inicialmente, exporánselles distintas opcións, pero se algún grupo o desexa, poderá desenvolver unha iniciativa propia previa aprobación por parte dos docentes.
- Creación dun bolso sensible ao movemento.
- Deseño dunha bandana con xogo incorporado.
- Creación de broches reactivos ao son.
- Presentación de proxectos. Unha vez creados os produtos, os grupos presentarán aos compañeiros os seus proxectos.
- Reflexión final. Para acabar, incidiremos na importancia da innovación, o deseño e a creatividade e o seu potencial como ámbitos laborais e valoraremos co alumnado de xeito informal a actividade.