Todas as prazas cubertas.

DATAS: 18 outubro | 8 novembro| 12 decembro |
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana s/n. 15590 Ferrol

Para cada xornada de obradoiros ofértanse dúas actividades de xeito que os centros escolares participen, se así o desexan, nas dúas propostas.

OBRADOIRO 1 “MATERIAIS INNOVADORES”

Duración: 90 minutos.
Horarios: 10:00 – 11:30 | 12:00 – 13:30 horas.
Dirixido a: 5º – 6º Educación Primaria.
Límite de prazas: 30 estudantes.

Descrición da actividade

Neste obradoiro os participantes aprenderán como se estudan os materiais e o proceso que implica o desenvolvemento dun novo produto.

Contidos

  • Materiais tradicionais.Madeira, metais, arxilas, etc… Introdución sobre as propiedades dos materiais e os motivos que levaron á humanidade a darlles uns usos determinados e non outros. Para facer a introdución moi dinámica, empregaremos coma base para a explicación un xogo con Kahoot.
  • Como se estuda un material?Neste apartado investigaremos como levan a cabo os estudos sobre as propiedades dos materiais. Para iso, o alumnado converterase en investigador e levará a cabo diversas probas.
    • Determinación experimental da densidade de obxectos empregando o principio de Arquímedes.
    • Estudo da dureza. Xogando, iremos comparando a dureza das nosas mostras cas dos nosos compañeiros e compañeiras ata completar unha escala.
    • Resistencia a esforzos. Exploraremos as curiosas propiedades dos materiais cando son sometidas a diferentes forzas.
  • Detectives de materiais. Cada vez incorporamos á nosa vida máis materiais que teñen unha base de desenvolvemento tecnolóxico importante. Imos aproximarnos a algúns deles e experimentar coas súas propiedades.
    • Descubrindo os novos materiais e as súas vantaxes (propiedades, ecoloxía, etc..).
    • Algúns exemplos prácticos:
      • Metais con memoria (nitinol).
      • Polímeros hiperhidratables.
      • Scoby (“coiro” de orixe bacteriano).
  • Explorando os polímeros. Na parte final do obradoiro fabricaremos e levaremos como recordo unha pelota fabricada cun polímero que produciremos durante a actividade.

OBRADOIRO 2  “SOMOS DESEÑADORAS/ES… ESPACIAIS”

Duración: 90 minutos.
Horarios: 10:00 – 11:30 | 12:00 – 13:30 horas.
Dirixido a: 5º – 6º Educación Primaria.
Límite de prazas: 30 estudantes

Descrición da actividade

O alumnado participante iniciarase no deseño industrial a través dunha actividade dramatizada na que serán os deseñadores da Axencia Espacial de “Ferrol Terra”. A súa misión consistirá en deseñar un sistema de aterraxe para un módulo espacial. Para superar o reto, un ovo – “astronauta” haberá de descender sen escachar despois dunha caída de cinco metros.

Contidos

  • Que fai un/ha deseñador/a? Tipos de traballos que desenvolven.
  • Técnicas de deseño.
    • O Design thinking. Sistematizando o deseño.
    • Descubrindo o Design Thinking
      • Que é.
      • Pasos a seguir.
      • Exemplo práctico.
    • O noso reto. Deseñar un sistema de descenso seguro para naves espaciais.
  • O noso caso. Deseño dun sistema de descenso espacial.
    • Deseño do módulo. Cada grupo pasará a deseñar o seu sistema de descenso segundo os criterios establecidos para o reto.
    • Construción do módulo. Adicaremos un tempo a creación do deseño utilizando os materiais que porá a organización a disposición do alumnado.
    • Test de probas. Finalmente, faremos un test previo a competición que nos permitirá analizar o funcionamento do noso deseño e facer as últimas modificacións.
  • Presentación por grupos dos prototipos. Cada grupo de estudantes presentará ao resto de alumnas/os o seu modelo e explicará os criterios empregados.
  • Concurso final. Por último, desenvolveremos unha competición para seleccionar os deseños máis eficientes para o noso sistema de descenso e analizar os motivos do seu éxito.

Prazas cubertas.