Esta semana no CIS Tecnoloxía e Deseño celebramos de forma presencial  3 talleres que sumaron case 100 participantes,  dentro do programa DTEC de fomento de vocacións científico- tecnolóxicas.

Alumnos e mestres de 4º da ESO do IES Ortigueira,  3º e 4º da ESO do IES Catabois de Ferrol e de 5 º e 6º de primaria do CEIP Esteiro de Ferrol participaron en distintas sesións dos Talleres D’tec “Mundos Virtuais” e “Novos Materiais”.

Neste último, os participantes do Colexio de Esteiro aprenderon cómo se estudan os materiais e o proceso que implica o desenvolvemento dun novo produto. Na parte final do taller fabricaron e levaron consigo de recordo unha pelota fabricada cun polímero que produciron durante a actividade.

No Taller de Mundos Dixitais, destinado aos rapaces que cursan Ensinanzas Secundarias,  alumnado do IES de Ortigueira e do IES Catabois de Ferrol puideron analizar,  como cada vez atopamos máis integrados no noso día a día contidos desenvolvidos en Realidade Aumentada (AR) e Virtual (VR). A finalidade deste taller era que o alumnado participante pasara de ser usuario a creador, coñecendo de primeira man as bases técnicas de ambas tecnoloxías. Para finalizar a actividade, os alumnos crearon un contido seguindo as normas marcadas nun reto grupal.

Os talleres continuarán a partir da segunda semana de decembro. Máis información sobre o programa D’tec na seguinte ligazón:

https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/featured/fomento-de-las-vocaciones-cientifico-tecnologicas/