O CIS Tecnoloxía e Deseño, pertencente á Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, situado en Ferrol, ten entre outras misións ser impulsor da innovación, tanto en empresas coma en entidades do ecosistema galego de I+D+i, co fin de xerar valor económico social e sostible.
Entre as accións que desenvolve con ese obxectivo atópanse unha serie de eventos formativos e divulgativos que ven realizando desde hai uns anos e que se presentan baixo o nome de “Encontros de Tecnoloxías Innovadoras”, realizados en colaboración coa o rede Enterprise Europe Network.
Dentro destas actividades divulgativas, o próximo 19 de setembro desenvolverase no CIS Tecnoloxía e Deseño o evento presencial “Explorando os límites do Hardware RX” no que diversas empresas e centros de coñecemento de recoñecido prestixio mostrarán como están a utilizar o hardware de realidade virtual, realidade aumentada e mixta, e permitirán que os visitantes profesionais poidan comprobar as súas capacidades e decidir cales deles se axustan mellor ás súas necesidades.
O evento iniciarase cun Acto de Apertura no que contaremos coa presenza da directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación que expoñerá as medidas que a Xunta de Galicia toma en relación ao impulso da innovación entre as empresas e o ecosistema galego de I+D+i.
Tras ela, participaremos nunha Mesa Redonda sobre as capacidades das tecnoloxías RX e a súa utilidade en moi diversos campos como a industria, a educación, a saúde ou o patrimonio. Contaremos con catro referentes nacionales no mundo da simulación virtual: Vicky Vasán e Lorena González, confundadoras de INMERSIVAXR, Jesús García González cofundador de Xperiencia Virtual e Javier Sordo de beXReal que debatirán co moderador experto no sector industrial Miguel Vilar Montesinos, da Dirección de Tecnoloxía e Transformación Dixital de NAVANTIA, e cos profesionais asistentes, sobre as temáticas mencionadas.
Nas Áreas de Exposición unha serie de empresas, centros tecnolóxicos e universidades, mostrarán os seus desenvolvementos en tecnoloxías RX e permitirán ao público visitante probar os diversos hardwares utilizados: cascos, luvas, traxes, etc, á vez que coñecen as capacidades de desenvolvemento de estas entidades con estas e outras tecnoloxías innovadoras.
Ademais faranse unha serie de Charlas Temáticas, en horario de mañá e tarde, onde persoal técnico das empresas expositoras explicarán os seus desenvolvementos e interactuarán co público asistente dunha maneira máis próxima. Na mañá falaremos de sectores industriais como o naval, o aeronáutico, ou a automoción. Á tarde falaremos de sectores como saúde, educación e patrimonio entre outros.
Por último, disporase duns Espazos Privados para reunións B2B entre empresas ou entre empresas e profesionais e futuros profesionais.
Esta actividade é gratuíta e está orientada a visitantes profesionais, cun límite máximo de 250 inscricións, para facilitar a mellor atención por parte dos expositores ao público asistente.
Está habilitada unha franxa horaria para o acceso de estudantes de universidade e FP, os cales poderán asistir sos ou en compañía dos seus docentes.
As inscricións faranse previamente, por medio do enlace existente na cabeceira desta páxina.