Atopámonos nunha contorna privilexiada, na enseada da Malata, na ría de Ferrol. A singular e innovadora arquitectura do edificio do CIS Tecnoloxía e Deseño confírelle unha estética moi atractiva que, xunto coa súa situación próxima á autovía e unha zona de aparcamento exterior, facilitan un inmellorable acceso e un ambiente perfecto para un traballo creativo e innovador.

A continuación mostrámosvos as indicacións para chegar ata o evento por distintos medios.

EN AVIÓN

O acceso aos tres aeroportos realízase comodamente a través da autoestrada AP-9.

Aeroporto A Coruña – LCG. [52 km – 36 min]. (+34) 981 187 200
Aeroporto Santiago de Compostela – SCQ.  [93 km – 1 h].  (+34) 981 547 500
Aeroporto Vigo – VGO.  [178 km – 1 h 48 min].  (+34) 986 268 200

EN COCHE

Autoestrada do Atlántico AP-9. Conecta Ferrol con Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Tui e a fronteira portuguesa.
Autovía Ferrol-Vilalba AG-64. Conecta Ferrol con Vilalba, onde enlaza coa A-8 e a A-6, con conexiones á cornisa cantábrica e a Madrid respectivamente.
Autovía do Cantábrico A-8. Conecta Galicia con Francia a través da costa cantábrica: Asturias, Cantabria e País Vasco. Enlaza con Ferrol en Vilalba, a través da Autovía Ferrol-Vilalba AG-64.
Autovía do Noroeste A-6. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo (ligazón con Ferrol a través da AP-9, nas inmediacións da Coruña, ou a través da autovía Ferrol-Vilalba AG-64).
Autovía Rías Baixas A-52. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Ourense (ligazón con Ferrol a través da AP-9 en Vigo ou a través da AP-53/AG-53 en Santiago de Compostela).

Mapa de puntos de recarga coche eléctrico:
https://www.electromaps.com/mapa

EN AUTOBÚS

Estación de Autobuses de Ferrol – Paseo da Estación, s/n – 981324700.

Alsa. Conexións con Madrid, Xixón, Bilbao, Irún, Lugo, Ponferrada, Astorga, Benavente, Zamora, Salamanca, Cáceres, Sevilla, Cádiz, Alxeciras, Portugal, Alemaña, Bélxica, Francia e Suíza. (+34) 902 42 22 42. www.alsa.es
Monbus. Principais destinos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, A Toxa, Noia, Muros, Fisterra, Betanzos, Ourense, Narón, Valdoviño, Cedeira. (+34) 982 29 29 00. www.monbus.es
Arriva Noroeste. Principais destinos: Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago de Compostela, Rías Baixas (Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira). (+34) 981 33 00 46. www.arriva.es

EN TREN

Estación de Tren de Ferrol – Avenida de Compostela, s/n – www.renfe.com – 912 32 03 20

Longo percorrido. Un tren diario directo (trenhotel) enlaza con Madrid. A través dun único transbordo accédese diariamente a Barcelona, Hendaia, e outros destinos españois de importancia.
Por outra banda, o ferrocarril de vía estreita (antiga FEVE) discorre polo norte de España, paralelo á costa do mar Cantábrico, unindo Ferrol con Bilbao.

Proximidades. Varios trens diarios conectan Ferrol con outros destinos turísticos das inmediacións como Pontedeume, Betanzos e A Coruña. Ademais, cun único transbordo (A Coruña), accédese con facilidade ao resto das principais cidades de Galicia: Santiago, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo (con ligazóns a Portugal) e Ourense.

EN TAXI

Radio Taxi Ferrol. 981355555. www.radiotaxiferrol.com