A continuación tes unha relación dos diferentes expositores que nos acompañarán nesta xornada e cos que poderás expermientar en primeira persoa as capacidades actuais da realidade virtual, aumentada e mixta.

ARsoft somos unha empresa especializada en RV e RA. No noso stand poderedes probar unha aplicación enfocada no sector industrial, EYEFLOW, unha plataforma que permite crear simuladores de RV interactivos e procedementos de RA. E outra aplicación para o sector médico, NEXTMED, unha ferramenta de visualización avanzada de imaxes médicas.

https://www.arsoft-company.com/

En beXReal impulsamos o Metaverso Industrial trasladando o potencial gráfico dos videoxogos a outros sectores como a Industria, a Construción e a Saúde. No noso stand poderedes ver aplicacións para realizar Inspeccións de obra, para formación de persoal, para mantemento de maquinaria e configuración de produto industrial.

https://bexreal.com/

O CIS Tecnoloxía e Deseño, pertencente á Axencia Galega de Innovación, na súa liña de fomento da Industria Dixital, desenvolve aplicacións de realidade virtual e aumentada. No noso stand poderedes probar tres simuladores de RV: vernizado de madeira, pintura airless e pintura en automoción.

https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/es/

O CTAG ofrece solucións tecnolóxicas avanzadas ao sector do automóbil e afíns, para contribuír á mellora da competitividade das empresas mediante o impulso da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica. No noso stand móstrase un Xemelgo Virtual que permiten realizar a inmersión dentro da simulación, desprazarse pola planta, ver os fluxos do material e valorar dunha forma máis realista as melloras propostas antes de implantalas.

https://ctag.com/es/

Eclox somos unha empresa asentada en Francia e España que se atopa na vangarda da Innovación XR, onde a Emoción, Cultura e Saúde Cobran Vida. No noso stand poderedes probar aplicacións de realidade virtual relacionadas con saúde, patrimonio e cultura.

https://eclox.net/es/

A ESMAD é unha Unidade Orgánica do Politécnico do Porto, dedicada ao ensino artístico e tecnolóxico, á investigación aplicada e á coordinación con empresas e institucións enfocadas á cultura e a tecnoloxía creativa. No noso stand poderedes ver o proxecto "Casa do Gerês - Much More than a Window" co sistema Valve Index.

https://www.esmad.ipp.pt/esmad

Grover é o líder mundial en alugueiro de tecnoloxía. Os subscritores teñen acceso a unha ampla gama de máis de 8.000 produtos tecnolóxicos, incluíndo equipos de realidade virtual (VR), móbiles, portátiles, reloxos deportivos e electrodomésticos intelixentes, grazas ao alugueiro mensual flexible.

https://www.grover.com/es-es

INMERSIVA XR somos a Asociación de Realidade Estendida de España. e proporcionamos un punto de encontro para os profesionais das RX. Somos membro fundador de XR4Europe, a Asociación Paneuropea de Realidade Estendida, e representamos en España a Euromersive, a Federación Europea de Profesionais XR. Tamén, formamos parte de VR/AR Industrial Coalition e Metaverse Standards Forum.

https://inmersivaxr.com/

El ITG es una fundación privada sin ánimo de lucro creada para mejorar la capacidad competitiva de las empresas, organizaciones y profesionales, por medio de la investigación y el desarrollo tecnológico. En el stand podrás probar la plataforma omnidireccional Kat Walk C2, un traje táctil Tesla Suite, o las gafas Vuzix Blade de realidad mixta, entre otros.

https://itg.es/

Kendra nace para achegar as tecnoloxías de realidade virtual e aumentada a contornas industriais, experiencias turísticas e ao mundo do lecer. No noso stand poderás ver a plataforma virtual UNIverso, tamén verás en realidade aumentada o primeiro computador cuántico de Galicia, e poderás coñecer a Tina Calixtina nun videoxogo de realidade virtual.

https://kendra.es/

Navantia, líder en deseño e construción naval, está actualmente inmersa nun proceso de Transformación Dixital, desenvolvendo tecnoloxía punta (xemelgo dixital, 5G, Internet das Cousas, deseño ecoeficiente, tecnoloxías de hidróxeno, realidades estendidas etc.)/ etc.), cun efecto tractor en toda a cadea de valor, innovando e creando emprego altamente cualificado. Durante o evento, no espazo de Navantia no CIS, mostraranse experiencias RX integradas co xemelgo dixital e un escenario de adestramento inmersivo RV de para operacións de mantemento nunha contorna naval. NAVANTIA tamén estará presente no espazo do CESENA con varias experiencias industriais de RV.

https://www.navantia.es/es/

Neuraxis é un centro especializado na rehabilitación neurolóxica e o desenvolvemento infantil, que conta cun equipo de profesionais da Fisioterapia, Terapia Ocupacional, Logopedia e Neuropsicología. No noso stand poderedes probar aplicacións que utilizan dispositivos robóticos, de RV e RA.

https://neuraxis.es/

PsicoVR é unha empresa especializada na subministración de escenarios de realidade virtual (inmersiva e non inmersiva), realidade aumentada e realidade mixta (RM) enfocada na área sanitaria, máis concretamente na simulación clínica. No noso stand poderedes probar SIMOONS, para formación de persoal sanitario, e MALAS NOTICIAS VR para o adestramento de habilidades en comunicación en contorna sanitaria.

https://www.psicovr.com/

O CESENA, Centro de Excelencia do Sector Naval, ten a misión de impulsar, apoiar e dinamizar a transformación dixital na industria naval española. No noso Dixital Experience Center poderedes comprobar o deseño dun buque, a simulación da súa construción ou a formación de operarios mediante RV. Navantia tamén estará presente no espazo do CESENA con varias experiencias industriais de RV. HORARIO: de 11:00 a 14:00 h

https://www.siemens.com/es/es/sectores-industriales/cesena.html

Target3D é provedor de tecnoloxía 3D especializado en tecnoloxía de mocap/ 3D/ VR/ Simulación. Ofrecemos solucións de vangarda dunha ampla gama de fabricantes, sendo os únicos distribuidores de España e Portugal para OptiTrack.

https://www.target3d.eu/

Willbö somos unha enxeñería española que se dedica principalmente a enxeñería naval e industrial, pero tamén realiza estudos de viabilidade e consultoría en dixitalización e diversos campos ambientais. No noso stand poderedes probar aplicacións de RX para a visualización interactiva de proxectos.

https://willbo.es/

O noso equipo é capaz de imaxinar e levar a cabo proxectos tecnoloxicamente avanzados, á vangarda da tecnoloxía XR, transformando a maneira de interactuar. No noso stand poderás ver unha mostra dos nosos traballos: A Pinta VR, A Orixe dous museos VR, Aquis Querquennis AR, 3D Wing training VR, Forno Cheftop VR, specTUNA- Dixital Twin VR e Augmented Factory.

https://xoia.es/sobre-xoia/

Xperiencia Virtual é unha empresa dedicada en exclusiva a ofrecer solucións integrais no ámbito da realidade virtual, aumentada e mixta. Pioneiros no uso desta tecnoloxía en España desde hai máis de 8 anos. No noso estand poderedes ver diversas experiencias reais de clientes no ámbito industrial.

https://www.xperienciavirtual.es/es/