Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Solucións Nanotecnolóxicas orientadas ao Mercado

22/09/2021 10:00h. - 12:00h.

A Axencia Galega de Innovación, en calidade de coordinador do proxecto, organiza o evento virtual “SOLUCIÓNS NANOTECNOLÓXICAS ORIENTADAS AO MERCADO”, que terá lugar o mércores 22 de setembro, como xornada de peche do proxecto NANOEATERS (http://gain.xunta.gal/artigos/354/proyecto+nanoeaters). Este evento ten por obxectivo dar a coñecer cómo a nanotecnoloxía pode axudar ás empresas de  sectores como o  agroalimentario, a acuicultura, o medio ambiente, a automoción ou a saúde.

O proxecto NANOeaters, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, está liderado pola Xunta de Galicia e conta coa participación do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (INL), as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, os centros tecnolóxicos Gradiant, CTAG e AIMEN; e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

NANOeaters nace co obxectivo de apoiar ás empresas da Eurorrexión na aplicación de solucións nanotecnóloxicas  que ofrezan respostas efectivas ás debilidades detectadas na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Rexistro: https://attendee.gotowebinar.com/register/977600395205416971

PROGRAMAES

Detalles

Data:
22/09/2021
Hora:
10:00h. - 12:00h.
Categoría do Evento:

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores