Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Campamento científico D’tec Nadal 2023

26/12/2023 10:00h. - 29/12/2023 14:00h.

O CIS Tecnoloxía e Deseño organiza un novo campamento científico – tecnolóxico para estudantes de secundaria centrado na innovación, a ciencia e o deseño.

O campamento celebrarase do 26 ao 29 de decembro de 2023en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os participantes, agrupados por niveis de idade, realizarán un amplo abanico de actividades, que incluirán programación, iniciación no uso de Intelixencia Artificial xenerativa e construción de diversos dispositivos. Disfrutarán de actividades prácticas que lles permitirán aumentar as súas destrezas e coñecementos científico-tecnolóxicos.

Durante as catro xornadas, un equipo de docentes expertos en educación CTIM (Ciencia Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) acompañará aos alumnos e a alumnas, adaptando os contidos aos coñecementos previos dos participantes e fomentando neles o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía.

O campamento é gratuíto, e conta cunha oferta de corenta prazas, que se asignarán por orde de inscrición.

Actividades

  • Retos STEAM: Actividade centrada na resolución cooperativa dun problema, que se presenta no momento de inicio da actividade.
  • Programado con Microbit. Levarán a cabo diferentes actividades que permitirán iniciar aos participantes na programación.
  • Árbore de Nadal científico. Deseño e construción de estruturas en equilibrio de temática ligada ao Nadal.
  • Robótica con Mbot. Actividade centrada na programación de robots. Realizaranse actividades, que incluirán diversos retos de programación.
  • Construción de autómatas. Deseño e creación de autómatas básicos utilizando materiais reciclados.
  • Creación de postais do Nadal con luz. Iniciación á electricidade coa creación de postais con luz led.
  • Programación de xogos en Scratch. Iniciación á programación con bloques de xogos na contorna Scratch.
  • Construción de scribbling machines. Deseño e construción de máquinas garabateadoras que deberán ter unhas especificacións establecidas polos docentes.
  • Stop motion. Creación dun vídeo do Nadal utilizando técnicas de Stop Motion.
  • Iniciación a App Inventor. Programación dunha aplicación básica para dispositivos Android mediante bloques.
  • Química recreativa. Iniciación á química e creación de agasallos de Nadal “científicos”. Creación de chaveiros con plásticos termomoldeables e fabricación de bombas de baño.
  • Cine científico. Durante a última xornada, os participantes gozarán dunha sesión de cine na que tras o visionado dunha película asistirán a un show sobre os contidos da mesma.

Data límite de inscrición: 21 de decembro de 2023.

 

Programa: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/campamento-cientifico-dtec-nadal-2023/

Detalles

Comezo:
26/12/2023 10:00h.
Remate:
29/12/2023 14:00h.

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

CIS Tecnoloxía e Deseño
A Coruña 15590 España + Google Map

Próximos eventos

Eventos anteriores