Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Cine e Show Científico: Star Wars

22/12/2023 11:30h. - 14:00h.

No marco do programa D’tec de fomento das vocacións científico tecnolóxicas, organízanse dúas novas xornadas de Cine e show científico.

As sesións combinan a proxección dunha película cun espectáculo científico que se desenvolve a continuación, no que se analizan os contidos visionados dun modo ameno e atractivo, con experimentos e demostracións.

En cada xornada abordarase unha temática diferente, que irán desde a robótica ata a física ou as novas tecnoloxías.

Estas actividades están abertas a todos os públicos, cunha selección de películas apta para practicamente todas as idades. Estamos seguros de que será unha experiencia enriquecedora e divertida para todos os que participen.

Para facilitar a asistencia, haberá autobuses gratuítos, que trasladarán aos interesados dende varios puntos de Narón e Ferrol. Para reserva de praza poden contactar directamente por teléfono (981 337 110 | 981 337 133) ou indicalo no formulario de inscrición.

 


Star Wars. Episodio IV. Unha nova esperanza – 22 de decembro de 2023

Sinopse. A princesa Leia, líder dos rebeldes que loitan contra o imperio, é capturada polo temible Darth Vader. Ao seu rescate acoden Luke Skywalker e Han Solo, axudados polos robots R2D2 e C3PO. Son a última esperanza das forzas rebeldes para deter ao imperio e evitar que poña en marcha a súa arma máis temible: A estrela da morte.

Show científico

Na película contamos con todos os ingredientes da Ciencia Ficción moderna: naves espaciais que se comportan como avións de combate, raios láser utilizados como armas ou viaxes a velocidades lumínicas. No espectáculo analizaremos todos estes aspectos á luz da Ciencia, estudando a súa verosimilitude e as diferenzas coa realidade.

Data límite de inscrición: 20 de decembro de 2023.

 

Detalles

Data:
22/12/2023
Hora:
11:30h. - 14:00h.

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

CIS Tecnoloxía e Deseño
A Coruña 15590 España + Google Map

Próximos eventos

Eventos anteriores