Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O Xemelgo Dixital, conceptualización, presente e futuro

13/07/2021 9:30h. - 12:00h.

Esta xornada organizada polo CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación, dentro do ciclo “ Encontros de Tecnoloxías Innovadoras” ten por obxectivo que empresas deseñadoras e fabricantes de produtos ou de instalacións industriais teñan a oportunidade de analizar o seu futuro inmediato no que ademais dunha réplica en 3D dos seus equipos e instalacións esixiráselles, tanto por parte de grandes fabricantes como do seu cliente final, toda a información sobre sensores, actuadores e as súas interconexións.

 

O concepto de Xemelgo Dixital (GD) non é uniforme na industria, polo que se abordarán os distintos criterios que se manexan ao seu ao redor. Ademais poderanse analizar utilidades de GD aplicadas en diversos sectores: naval, automoción, aeronáutico, conserveiro, portuario ou bens de equipo, entre outros. Tratarase de Xemelgo Dixital de produto e de proceso, pero tamén de xestión.

 

Desta forma, esta xornada non só pretende mostrar o estado actual dos desenvolvementos do Xemelgo Dixital en varios sectores industriais relevantes en Galicia, senón que ademais, entrará a valorar algúns dos criterios que marcarán o seu futuro.

 

Para iso, mostraranse desenvolvementos realizados para o sector conserveiro (PTC), o de bens de equipo (SENER), o de automoción (CTAG), o aeronáutico (BOEING) ou o naval (NAVANTIA), así como para a mellora da xestión empresarial (NORLEAN).

Programa Xemelgo Dixital

Formulario de inscrición

 

 

 

Detalles

Data:
13/07/2021
Hora:
9:30h. - 12:00h.
Categoría do Evento:

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores