Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Dixitalización 3D: do mundo físico ao dixital

21/09/2021 9:30h. - 11:30h.

A dixitalización 3D (ou escaneado 3D) consiste na obtención de formas e cores das superficies dun obxecto ou contorna, creando así unha réplica dixital. Esta tecnoloxía leva algúns anos dispoñible, pero o aumento da capacidade de cómputo e almacenamento, a dixitalización en xeral, e o uso de aplicacións 3D en particular, tivo como consecuencia un maior uso da dixitalización 3D paralelamente á baixada de custos de equipos e software.

O auxe da sociedade dixital estendeu o uso da dixitalización 3D a novos ámbitos e sectores, tendo cabida en campos tan dispares como a industria do molde, o sector naval, o automóbil, o patrimonio, a educación, os videoxogos ou a medicina.

Con esta xornada preténdese mostrar o estado actual da tecnoloxía de dixitalización 3D (hardware e software), cómo se está utilizando, en qué campos estáselles sacando maior rendemento, e cales son os retos destas técnicas, xa sexa con escaneado láser, luz estruturada, por medio de tomografía computerizada ou por contacto.

Contaremos con expertos das empresas Nort3D, Xeométrica, Geomati_K Ingeniería, Global Geosystems e Topcon.

programa galego

Inscrición

Detalles

Data:
21/09/2021
Hora:
9:30h. - 11:30h.
Categoría do Evento:

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Ciclo Online

Próximos eventos

Eventos anteriores