Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Portas abertas no CIS Tecnoloxía e Deseño no marco da G-Night

29/09/2023 18:00h. - 20:00h.

O CIS Tecnoloxía e Deseño, dependente da Axencia Galega de Innovación, participa un ano máis na G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras, coordinada pola Universidade de Vigo, e na que colaboran as 3 universidades galegas e diversas institucións e centros. Este ano celébrase o 29 de setembro.

terceira edición da Noite Galega das Persoas investigadoras contará con preto de 50 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico baixo o lema ‘Conciencias Creativas’. Os obradoiros, paseos, visitas guiadas, charlas e espectáculos gratuítos terán lugar nunha vintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

No CIS Tecnoloxía e Deseño organizaranse diversas actividades para estudantes: 

Obradoiros “Slime Lab” e “Exploradores virtuais”: dirixidos a estudantes de 5º-6º de Educación Primaria.

Espectáculo “Explorando o futuro inmediato”: dirixido a estudantes de ESO, bacharelato e Formación Profesional.

Experiencia coa realidade virtual e aumentada. Visitas concertadas: dirixidos a estudantes de ESO, bacharelato e Formación Profesional.

Descubrindo o CIS Tecnoloxía e Deseño. Portas abertas: dirixido ao público xeral.

En horario de 18.00 a 20.00, na xornada de Portas abertas, os visitantes terán oportunidade de coñecer o espazo de difusión de materiais innovadores da Materioteca de Galicia. Tamén poderán visitar as instalacións de Realidade Virtual e Realidade Aumentada: o showroom e a sala de demostradores. No showroom poderán interacturar con diferentes dispositivos de realidade virtual e aumentada e na sala de Demostradores estarán dispoñibles varios demostradores realizados no marco de diferentes proxectos europeos. Non é necesaria inscrición previa. 

Detalles

Data:
29/09/2023
Hora:
18:00h. - 20:00h.
Categoría do Evento:

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores