- Este evento pasou.
Xornada Online: Eleva a túa vixilancia e intelixencia estratéxica con ferramentas avanzadas
03/10/2023
De baldeO CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio. Este obradoiro estará adicado aos recursos e ferramentas de soporte á Vixilancia e Intelixencia Estratéxica.
Hoxe en día é fundamental captar, procesar e transformar en coñecemento útil a gran cantidade de datos e información dispoñible para a toma de decisións dentro dunha organización ou institución, para iso, as ferramentas de vixilancia tecnolóxica son un instrumento imprescindible. Este obradoiro ofrecerá aos asistentes a oportunidade de coñecer os recursos e ferramentas que existen para dar soporte ao ciclo de vixilancia, á vez que lles achegará os criterios necesarios para poder elixir os máis adecuados en cada caso.
A xornada será impartida pola relatora ANGÉLICA LÓPEZ, coordinadora de servizos de Intelixencia Competitiva en TECNALIA Research & Innovation. Nesta posición, coordina actividades e xestiona proxectos para empresas e entidades de innovación, tanto a nivel rexional e nacional como europeo. Traballa no ámbito da vixilancia, a análise de tendencias tecnolóxicas e de mercado, o desenvolvemento de observatorios tecnolóxicos ou a definición e despregamento de unidades de vixilancia e procesos de VIE. Ademais, ten unha ampla traxectoria como formadora no ámbito da VIE para institucións públicas e empresas privadas.
Programa
- 9:20 – 9:30h Presentación a cargo de María José Mariño Fontenla, Directora de Área de Centros de GAIN
- 9:30 – 11:50h Xornada
- Recursos e ferramentas para a definición do proceso de vixilancia e intelixencia estratéxica
-
- Importancia das ferramentas e recursos na vixilancia e intelixencia estratéxica
- Ferramentas para a definición das necesidades de información
- Ferramentas de soporte para a definición do plan de vixilancia e de produtos VIE
- Recursos e ferramentas de soporte ao ciclo de vixilancia e intelixencia estratéxica
-
- Visión xeral do ciclo de vixilancia e intelixencia estratéxica
- Ferramentas para a obtención de información de distintos tipos de fontes de información (formais/informais, virtuais-presenciais)
- Ferramentas para o tratamento de información
- Ferramentas para a difusión de resultados
- Ferramentas para a explotación de resultados
- Ferramentas globais de soporte á actividade de VIE
- Exemplos de utilización de ferramentas
-
-
- Google Alerts para a detección de novidades
- Google news
- Google Schoolar
- Creación de alertas de patentes con Espacenet
- Lectores RSS – Outlook
- Monitorización de redes sociais
- Feedly para a agregación de contidos e noticias
-
- 11:50 – 12:00h Rogos e preguntas
Prazas limitadas