Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Programa D’tec: Espectáculo Día da muller e a nena na Ciencia 2024

6 de Febreiro 11:00h. - 12:30h.

A Axencia Galega de Innovación súmase á celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, organizando un espectáculo científico centrado na importancia das mulleres científicas e tecnólogas ao longo da historia.

A charla, conducida polos divulgadores Iria Ollero e David Ballesteros, permitirá aproximarnos dun xeito atractivo a grandes mulleres que fixeron importantes achegas científicas e nunca recibiron o recoñecemento social que merecían.

Durante o show, combinaranse datos biográficos e anécdotas vitais con experimentos rechamantes inspirados nas científicas presentadas, facendo que a proposta sexa apta para todo tipo de públicos, independentemente dos seus coñecementos previos.

A actividade intégrase no programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, que se desenvolve todo o ano no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

Contidos

  • Un pouco de historia. Presentación da charla e introdución histórica sobre a importancia das mulleres na Ciencia e o seu escaso recoñecemento.
  • Rompamos o teito de cristal. É importante non ter límites “mentais”. Todas as persoas poden aspirar a grandes fitos, e non vivir con medo a teitos de cristal.
  • Grandes mulleres da Ciencia.
    • Hipatia de Alejandría. A primeira gran matemática da que temos noticias. Presentarase a súa obra e invitarase ao público a facer un experimento matemático.
    • Marie Anne Pierrette Paulze. Coñecida por ser “a muller” de Lavoisier, en realidade foi a súa compañeira de laboratorio e unha personaxe clave no nacemento da química. Homenaxearémola cun experimento sobre a conservación da masa.
    • Lisa Meitner. É a única muller que da nome a un elemento da táboa periódica. Fixo achegas clave para a compresión da materia a nivel atómico.
    • Marie Curie. A científica máis coñecida, e unha persoa fundamental na historia da Ciencia, é un exemplo de esforzo e talento.
    • Hertha Marks Ayrton. A científica interdisciplinar por excelencia. Foi enxeñeira, matemática, física e inventora. Fixo descubrimentos fundamentais no ámbito da electricidade. Para ilustrar o seu traballo, crearemos efectos sorprendentes coa axuda dunha bobina tesla.
    • Africa González. En Galicia temos a África, unha das inmunólogas máis destacadas da actualidade a nivel mundial. Desde Vigo, dirixe investigacións en vacinas e nanotecnoloxía punteiras.
    • Rosalind Franklin. Morreu sen que se recoñecera a importancia das súas achegas na compresión da estrutura do ADN. Un exemplo perfecto da inxustiza histórica coas mulleres científicas. Levaremos a cabo un experimento con todo o público ligado á xenética e o ADN.
    • Susan Salomon. Científica en activo, foi fundamental na compresión da orixe do burato na capa de ozono da atmosfera terrestre. Ilustraremos os seus traballos experimentando co aire e xerando efectos sorprendentes.
    • May-britt Moser. Neuróloga, e premio Nobel de medicina polas súas achegas a compresión do funcionamento do cerebro humano. Para acabar a presentación cun experimento divertido, os presentadores intentarán “alterar” a percepción visual do público.
  • Reflexión final. A charla finalizará cunha reflexión sobre a importancia do coñecemento e destacar a labor das científicas, así como recordar as nenas asistentes que poden aspirar a todo. O teito decidenno elas. Ninguén máis.

Formulario de inscrición

Detalles

Data:
6 de Febreiro
Hora:
11:00h. - 12:30h.

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores