Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes (Ferrol)

6 de Febreiro 10:30h. - 13:00h.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebra o próximo 6 de febreiro unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes.

O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Tamén contaremos nesta xornada, con casos de éxito, contados por beneficiarios desta tipoloxía de axudas a través das súas experiencias.

Asemande as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.

Formulario de inscrición
Programa

Detalles

Data:
6 de Febreiro
Hora:
10:30h. - 13:00h.

Ubicación

Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño
A Cabana, s/n
Ferrol, A Coruña, España 15590 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/

Próximos eventos

Eventos anteriores