- Este evento pasou.
Workshop “Minaría urbana para makers”
15/12/2023 10:00h. - 14:00h.
A Materioteca de Galicia acolle o vindeiro 15 de decembro un workshop sobre minaría urbana para makers. Este workshop, organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) e constará dunha parte expositiva, un obradoiro práctico e unha mostra de proxectos.
Neste workshop, especialistas en economía circular, sustentabilidade, minaría e representantes do colectivo iFixit e Maker intercambiarán información, experiencias e oportunidades en torno á recuperación e reutilización dos residuos procedentes de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEEs).
Tamén coñeceremos as prioridades de Nacións Unidas a través do Pacto Mundial para involucrar ás empresas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a sustentabilidade corporativa en especial no coidado do medio ambiente.
Os RAEEs teñen un impacto medioambiental moi negativo se non son xestionados de forma adecuada. En especial, son considerados críticos pola UE o arsénico, o cadmio, o chumbo ou o mercurio. A minaría urbana contempla os compoñentes dos aparellos eléctricos e electrónicos como materia prima útil para novos proxectos, o que contribúe á economía circular.
Ademáis da parte expositiva, os participantes poderán asistir a un obradoiro práctico de Introdución á recuperación e reutilización de RAEEs en proxectos Maker. O obradoiro está dirixido a público non especializado e aportará coñecementos básicos sobre os compoñentes máis habituais que se poden aproveitar e o tipo de proxectos que se poden levar a cabo con eles.
Este evento é de especial interese para persoas vinculadas a empresas que queiran reforzar os seus compromisos coa sustentabilidade e a economía circular así como profesionais do ámbito do deseño, a creatividade o colectivo Maker, que desexen explorar as posibilidade da recuperación e reutilización dos RAEEs.
-
Programa da xornada. (pdf) http://www.materioteca.gal/wp-content/uploads/2023/11/15_dic_programa_gal.pdf
-
Formulario de inscrición. https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/campan/inscribir/158