Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada – Elixe o CLOUD que necesita a túa empresa

19/04/2022 9:30h. - 10:30h.

A pandemia acelerou a transformación dixital das empresas, pero aínda son moitas as entidades, de todo tamaño, que continúan sen dixitalizar os seus procesos.

Dentro das grandes decisións que tiveron que tomar moitas compañías unha das máis recorrentes foi o paso á nube. É o momento? É caro? Que melloras teño con respecto a ter todo en local? Calquera empresa pode subir á nube?

Moitos proxectos para pasar á nube fracasan non pola tecnoloxía, senón pola formulación errónea na planificación. Que debemos subir á nube? Como podemos aforrar custos? Como podemos dividir servizos? Como facemos esa migración?

Sen dúbida a nube ábrenos un amplo abanico de posibilidades: membros traballando desde calquera lugar, datos centralizados nun espazo seguro, copias de seguridade integradas, maior flexibilidade para o crecemento e decrecemento das empresas…

E se me paso á nube… a que tipo de nube? Unha nube pública? Unha nube privada? Híbrida?

Nesta xornada aclararemos moitas destas dúbidas, poñeremos exemplos e falaremos de casos de éxito (e de fracaso) tanto para pequenas como para grandes empresas e veremos todos os puntos importantes para que poidamos tomar unha decisión acertada á hora de valorar se deberiamos ou non pasarnos á nube.

Non importa nin o tamaño nin a tipoloxía da túa empresa, esta xornada interésache si ou si.

Programa

Inscrición

 

Detalles

Data:
19/04/2022
Hora:
9:30h. - 10:30h.
Categoría do Evento:

Próximos eventos

Eventos anteriores