Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada Online: Domina a Vixilancia de Competidores, impulsa a túa vantaxe competitiva

17/10/2023 9:15h. - 12:00h.

De balde

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio. Este obradoiro estará dedicado á vixilancia de competidores, afondando nas súas técnicas e nas claves para a elaboración dun plan de vixilancia que permita impulsar a vantaxe competitiva das organizacións.

A capacidade que teñan as empresas de manterse ao tanto das accións e estratexias dos seus competidores resultan esenciais para acadar un éxito sustentable. Esta xornada está deseñada para capacitar aos asistentes no deseño, posta en marcha ou mellora do seu propio sistema de vixilancia de competidores. A formación fai fincapé nos fundamentos da vixilancia de competidores, as súas etapas e principais beneficios. Ademais, abordaranse as claves para a identificación de competidores, tanto actuais como potenciais e como explotar esta información para tomar decisións máis precisas e fundamentadas. Todo iso, co obxectivo de converter a vixilancia de competidores nunha parte integral da cultura de vixilancia e intelixencia organizativa.

Programa

9:20 – 9:30h Presentación a cargo de María José Mariño Fontenla, Directora de Área de Centros de GAIN

9:30 – 11:50h Xornada

Fundamentos da vixilancia de competidores

  • Que é a vixilancia de competidores e por que é importante?
  • Beneficios da intelixencia competitiva na toma de decisións
  • Etapas do proceso de vixilancia de competidores

O plan de vixilancia de competidores

  • Identificación de competidores actuais e potenciais
  • Que información necesito vixiar dos meus competidores, quen a necesita e por que?
  • Onde está a información que necesito dos meus competidores?
  • Que produtos de vixilancia cobren mellor as necesidades de información dos competidores?
  • Quen vai vixiar aos competidores e como?
  • Como explotar a información sobre os competidores? A toma de decisións

11:50 – 12:00h Rogos e preguntas

Programa en pdf

Formulario de inscrición

Detalles

Data:
17/10/2023
Hora:
9:15h. - 12:00h.
Custe:
De balde

Ubicación

Ciclo Online

Organizador

CIS Tecnoloxía e Deseño
Teléfono:
981 337 133
Páxina web:
http://cistecnoloxiaedeseno.gal

Próximos eventos

Eventos anteriores