Data: 26 de abril ao 7 de maio
Duración: 30 horas (10 días – 3 horas/día)
Horario: 10h – 13h de luns a venres
Modalidade: En liña
Nº prazas: 15
Prazo de inscrición: ata o 19 de abril
Custo: Gratuíto
Requisitos Previos: Recomendable coñecementos de programación

Este obradoiro ofrece unha visión xeral de Unity, onde aprenderemos os conceptos básicos da programación gráfica e tamén a facer uso das súas funcións e ferramentas máis comúns. O obxectivo final será o de ser capaces de crear unha simulación 3D desde cero incluíndo as interaccións coa contorna.

Comezaremos vendo unha introdución á Realidade Virtual e Aumentada, as súas aplicacións e o equipamento necesario para o seu desenvolvemento.

Profundizaremos na interface de Unity e as diferenzas entre a programación tradicional e a gráfica.

Aprenderemos conceptos como bucle da simulación, a escena e os tipos de obxectos e compoñentes que podemos utilizar para crear o noso aplicación 3D.

Veremos as diferentes formas nas que podemos incluír modelos 3D á nosa aplicación sen esquecernos de algo tan importante como a iluminación da escena e a creación e configuración dos materiais e texturas personalizados.

Finalmente aprenderemos a crear interaccións simples coa nosa contorna e veremos como xerar estas aplicacións para diferentes dispositivos.

Contido:

  • Instalación e configuración (vídeo en liña dispoñible aquí).
  • Introdución de Unity.
  • Interface de Unity.
  • A escena: Components e Gameobjects. Propiedades.
  • Importación de modelos.
  • Iluminación e materiais.
  • Programando interaccións.
  • Exportación.

Enlaces de interese: Descarga Unity

Máis información e inscricións:

Teléfono: 981 337 133
E-Mail: infocistd.gain@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

INSCRICIÓN PECHADA

Os datos deste formulario recóllense coa finalidade de levar a cabo a xestión deste acto e poderán ser compartidos co resto de organizadores.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer dirixíndose á Axencia Galega de Innovación, Rúa Airas Nunes s/n, 15702, Santiago de Compostela, ou ben enviando un correo electrónico a info@cistecnoloxiaedeseno.gal.

Premendo o botón “Inscribirse” quedará inscrito na xornada. Se con posterioridade non poidera asistir pregámoslle nolo comunique ó 981 337 133 ou envíe un e-mail a info@cistecnoloxiaedeseno.gal

Voltar á páxina principal