Sistema robótico de asistencia en rehabilitación clínica

Desenvolvemento dun sistema robotizado de rehabilitación e monitorización de pacientes

A empresa santiaguesa BALIDEA, socia do CIS Tecnoloxía e Deseño no proxecto FISIOROB, financiado polo programa Interconecta, tiña interese en combinar os avances en robótica nos que estaban a traballar cos de desenvolvemento de sistemas de realidade virtual nos programas de recuperación fisiolóxica de pacientes. Consistía, xa que logo, no desenvolvemento dun sistema de rehabilitación clínica de pacientes, que unía ferramentas de robótica, realidade virtual e elementos clásicos de monitorización do paciente.

Desenvolveuse unha solución consistente nun sistema robotizado de rehabilitación que, a través das ferramentas de realidade virtual, abranguía todas as etapas do proceso de recolección de datos que, posteriormente, validaría o persoal médico que participaba na rehabilitación do paciente.

Empresa:
BALIDEA – Proxecto FISIOROB
fisiorob-1
fisiorob 6
fisiorob 2
fisiorob 3