O pasado 22 de setembro tivo lugar a xornada de peche do proxecto NANOeaters, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 con un orzamento de máis de 4 millóns de euros.  Este proxecto, liderado pola Xunta de Galicia conta coa participación do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología (INL); as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela; os centros tecnolóxicos Gradiant, CTAG e AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

Durante o evento, deuse a coñecer cómo a nanotecnoloxía pode axudar ás empresas de sectores como o agroalimentario, a acuicultura, o medio ambiente,  a automoción ou a saúde.

A xornada, que se desenvolveu en modo on line, contou con máis de 40 asistentes dos que o  62% pertencían a unha universidade ou centro de coñecemento, mentras que máis do 37% eran empresas de sectores diversos, todos eles relacionados cos ámbitos de aplicación das nanotecnoloxías desenvolvidas no marco do proxecto NANOEATERS: agroalimentario, automoción, medicina, telecomunicacións, aeroespacial e enerxía-química-electricidade.