Moitos parabéns ás persoas e equipos que representan o mellor dos materiais innovadores galegos nas diferentes categorías:

Artesanal: D-Leite: tecido de la meiriña e fibra de proteína láctea ecolóxica, creado por Inés RIR & Co Diseño Textil Artesano.

Investigación: Recubrimento condutor térmico e eléctrico: material de confort para interior de vehículos de transporte, mobiliario, téxtil, etc. creado polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

Empresa: Aceite vexetal Peroxibiokey, con propiedades antisépticas, cicatrizantes, rexenerativas e antioxidantes, formulado por KeyBiological.

Empresa&Investigación: Mestura bituminosa en frío aditivada con nanocelulosa: #biopavimento alternativo ao asfalto convencional, creado polo consorcio Misturas, Obras e Proxectos & Centro Tecnolóxico CETIM & Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da UDC.

E parabéns tamén aos/ás finalistas: Tsubaki Diseño; Misturas, Obras e Proxectos & Centro Tecnolóxico CETIM & Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais da UDC; Ecocelta Galicia; e Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural da USC.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou  no evento celebrado onte no CIS Tecnoloxía e Deseño, que o obxectivo inicial de captar 50 propostas viuse superado cun total de 80 materiais, que se incorporan á Materioteca de Galicia ampliando así significativamente a diversidade de mostras expostas no CIS e recollidas no seu fondo dixital, de libre acceso en www.materioteca.gal.

O comisario xeral da 2ª Porto Design Biennale, Alastair Fuad-Luke, presentou a exposición Museo da Materia Viva, que se poderá visitar todo este mes no CIS logo do seu paso pola Casa do Design de Matosinhos.