O CIS Tecnoloxía e Deseño, en colaboración coa sección de Modelado e Simulación de Procesos de Eólica Marina da UMI UDC-NAVANTIA, financiada pola Axencia Galega de Innovación, está estudiando as posibilidades de que a Cave Automatic Virtual Environment (CAVE) de realidade virtual dispoñible nas súas instalaciós ofrece á simulación de grandes espacios industriais.

Este estudio tivo como punto de partida os modelos 3D das instalación de Navantia Fene que a UMI xenerou nun proxecto anterior,  e que foron optimizados e programados en Unity para a súa visualización na CAVE.

Neste mes de marzo fíxose a primeira revisión conxunta desta aproximación, a partir da cal decidiráse qué interaccións son posibles e qué camiños abre esta representación 3D a escala 1:1 dunha grande superficie industrial, sempre valorando os requerimentos do Xemelgo Dixital, a gran aposta actual da industria naval galega.

A Cave Automatic Virtual Environment é un espazo de 9m3, único en Galicia e dos poucos existentes en España, que aporta unha visualización esterroscópica (3D) e permite navegar e interactuar coas representacións 3D de obxectos, instalacións e procesos a escala natural, co simple uso duns lixeiros lentes especiais.

O CIS  Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación, pon esta instalación a disposición das empresas e entidades galegas que queiran utilizala naquelas actividades de deseño, planificación, formación ou comerciais, onde sexa interesante testear unha situación, disposición ou modificación antes de levala á cabo na realidade.